Posible significado do nome Oímbra

A continuar vaise a pór un posible significado, interpretado, para o nome de Oímbra:

O topónimo Oímbra era denominado na Idade Media co nome de Olimbria segundo o Informe do proxecto "Investigación Arqueolóxica e Histórica sobre as orixes do Concello de Oímbra", e anteriormente debeu ser chamado Olímbriga polos romanos, estes copiarían dun anterior nome prerromano castrexo.


Imos ver as raíces do nome:

Segundo nos din, o prefixo oim-, olim-, podería vir de oil-, ovella, na posible lingua prerromana indoeuropea. Tamén nos din que podería vir de oliveira, olívica, olea en latín, elaia en grego.

O sufixo -bra, -bria, -briga, semella que é unha raíz prerromana dunha lingua indoeuropea, existente en moitos topónimos de orixe prerromana castrexa co significado de 'cidade', 'poboación', 'santuario', 'fortificación', 'altura', "lugar alto".

Posible significado interpretado:

Polo tanto xuntando estas dúas raíces pódese chegar a sacar unha conclusión, interpretada, non ten por que ser a correcta, é só unha suposición, unha proposta, as raíces indoeuropeas son complicadas de asegurárense no total xa que non se sabe o suficiente delas, mais o significado de Oímbra, Olimbria, Olímbriga, poidera ser algo similar a:

 "Poboación fortificada ou santuario nun lugar alto onde hai abundancia de ovellas (?) vs. oliveiras (?)".

(Repítese, a interpretación do significado do nome Oímbra, Olimbria, Olímbriga, é libre, só é unha posibilidade, non ten unha base sólida).


Dinnos que na antigüidade Oímbra tamén podía haberse chamado Aóbriga, non se sabe certo, máis o nome medieval foi Olimbria, non concorda ben. No entanto afírmasenos que os habitantes de Oímbra serían os aobriguenses.

Afírmase que Oímbra ven de Onímbriga, non de Olímbriga, sen saberse certo a raíz onim-, si a -briga, xa comentada, mais non se pode asegurar. Outros afirman que ven mesmo de Olímbriga e non de Onímbriga.

Tumbo de Celanova, ano 953, aparece nomeada unha Olimbria "et illas vineas sunt in villa quam vocitant Olimbria, territorio Baroncello prope rivulo Tamuga".

Tamén se facía mención á posible orixe antroponímica xermánica de Uímara - Oímara - Oím'ra - Oímbra, mais na Idade Media está constatada a designación de Olimbria, polo que non ven de Uímara.

O bispo de Chaves Idacio fai referencia a unha Aóbriga, mais pénsase que os aobriguenses non eran daquí, sen saberse certo cal sería entón, no entanto hai quen afirma que si eran daquí.Tamén menciona a unha Coélbriga que din poidera ser As Raposeiras.


Agora unha hipótese que se enviou máis seria e fundamentada que será a máis atinada:

O nome faría mención a un antropónimo romano, Olibrio, un gobernador da Gallaecia posto polo emperador Adriano no S II d.C. Tamén houbo un breve emperador Olibrio, pero ese non tiña que ver coa Gallaecia. Se o top viñera de aí sería unha vila fundada por Olibrio, pero é tan só unha hipótese máis, non se pode asegurar nada.

E -briga pode que non significase altura.

Interpretamos nós entón: "Poboación fortificada de pertenza a Olibrio", ou aínda sería máis correcto: "Vila fundada por Olibrio".


E máis outra hipótese seria e viable:

Podería proceder de 'oli' = pequeno, do indoeuropeo 'leig' ao igual que oligarquía, que con 'briga' significaría: "Monte ou fortificación pequena".

Tamén podería vir, ao igual que Oia, dun hidrotopónimo prerromano con raíz en 'ugwia' ou 'udia'. Incluso podería vir da raíz vasca 'oia' co significado de bosque.

Tamén hai quen di que os topónimos rematados en 'mbriga' non teñen o mesmo significado que os topónimos rematados en 'briga', tendo os primeiros o significado de terreo fronteirizo (aínda que neste caso non se sabe con que faría fronteira).


É de agradecer aos que opinaron sobre a posible orixe do topónimo Oímbra e o seu posible significado.

Son só hipóteses con maior ou menor fundamento.

Saúdos e grazas.

Comentarios