Recompilación de nomes vernáculos de Fauna e Flora recollidos nos pobos do concello de Oímbra

A continuar vaise por unha recompilación de nomes vernáculos de Fauna e Flora, con retallos de Fungos e da Fala de Videferre, recollidos ata esta data nos pobos do territorio do Concello de Oímbra: A Granxa, As Casas dos Montes, As Chas, Bousés, Espiño, O Rosal, Oímbra, Rabal, San Cibrao e Videferre, publicados no seu día no blog Verín Natural.

Unha pregunta: Como lle chamades vós a esta aiga moi común a carón das estradas ?

Isto é o que se ten recollido:


A Granxa

Moluscos:

Limaco, moluscos gasterópodos da Orde Pulmonata, a especie máis común é Arion ater

Anfibios:

Salamántiga, Salamandra salamandra

Réptiles:

Ladra, Tarentola mauritanica

Aves:

Boubón, Oriolus oriolus

Cascarrollo, Lanius senator

Gharrabaio, Garrulus glandarius

Arácnidos:

Carrapato, Arácnidos da Orde Ixodoideos

Licrai, Buthus ibericus

https://verin-natural.blogspot.com/2019/12/nomes-vernaculos-para-as-lermes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/11/nomes-vernaculos-para-as-pintegas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2016/10/conversando-sobre-ladras-landras-lascas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.htm


As Casas dos Montes:

Réptiles:

Ladra, Tarentola mauritanica

(Desta localidade só se ten este nome vernáculo, falta por recollerse todo o resto de nomes de Fauna, seguirase nelo).

https://verin-natural.blogspot.com/2016/10/conversando-sobre-ladras-landras-lascas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.html


As Chas:

Insectos:

Xoaniña, Coccinella septempunctata, Coccinélidos, dicíanlle así:

"Xoaniña voa voa

que teu pai está en Lisboa."

"Xoaniña boa cóntame os dedos

e cando pases pola miña casa

eiche dar pan e cebola."

Moluscos:

Lermia, moluscdos gasterópodos da Orde Pulmonata, a especie máis común é Arion ater

Aves:

A continuar imos por uns nomes vernáculos de aves recollidos por Claudio Álvarez 'Zunín' e Xosé Ramón Reigada a Alfonso das Chas de 78 anos de idade. Son os seguintes:

Garrabaio, Garrulus glandarius

Papafigos, Oriolus oriolus

Bubela, Upupa epops

Cascarrollo, "había dous, un cincento e o outro o real", Lanius meridionalis, Lanius collurio

Paspallá, Coturnix coturnix

Ave da noite, Caprimulgus europaeus

Cutuvía, Alauda arvensis, pode que se estivera en confusión coa Laverca e se tratara de Lullula arborea

Torda, Turdus philomelos

Estornino, Sturnus unicolor

Merlo, Turdus merula

Lavandeira, Motacilla alba

Martín peixeiro, Alcedo atthis

Naviñeiro, Chloris chloris (?), pode ser que se estivera en confusión co Verderolo e se tratara de Carduelis cannabina recollido noutras partes da bisbarra

Ferreiro, Cyanistes caeruleus

Paporrubio, Erithacus rubecula

Chasco, Saxicola rubicola

Tanxo, Ficedula hypoleuca

Rola, Streptopelia turtur

Pombo, Columba palumbus

Corvo, Corvus corone

Ghilguero, Carduelis carduelis

Pito d'auga, Cinclus cinclus

Moucho, Athene noctua, Strix aluco, tamén identificaba a Otus scops pero non se lembraba do nome que se lle daba

Bufo, Bubo bubo

Curuxa, Tyto alba

Rosiñol, Luscinia megarhynchos

Pitorrei, Dendrocopos major

Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus

Carriza, Troglodytes troglodytes

Pega, Pica pica

Vencello, Apus apus

Anduriña, Hirundo rustica

Pedreiro, Delichon urbicum

Avefría, Vanellus vanellus

Gabilán, Accipiter nisus, rapiñas diurnas en xeral

Perdiz, Alectoris rufa

Averrapiña, Circus pygargus

Mamíferos:

Morcello, nome dado nas Chas aos Quirópteros

https://verin-natural.blogspot.com/2020/02/nomes-vernaculos-para-as-xoaninas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/12/nomes-vernaculos-para-as-lermes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/06/nomes-de-aves-nas-chas.html


Bousés:

Réptiles:

Viberón, Anguis fragilis, Chalcides striatus

Ladra, Tarentola mauritanica

Pita cega, Blanus cinereus

Insectos:

Crego, Dytiscus marginalis

Aves:

Gharrabaio, Garrulus glandarius

Papfighos, Oriolus oriolus

A continuar imos poñer unha serie de nomes de aves recollidos por alumnos do IES Xesús Taboada Chivite de Verín en febreiro de 2018:

Nomes recollidos polo Artai en Bousés, son os de maior importancia xa que están recollidos da mesma fonte tradicional e de maneira moi correcta ao diferenciar entre -o- e -u- nas vocalizacións, podo identificar plenamente as especies xa que teño referencias das proximidades e outros factores, serían as seguentes identificacións:

Perdiz, Alectoris rufa

Rola, Streptopelia turtur

Corvo, Corvus corone vs. C. corax

Garrabaio, Garrulus glandarius

Moucho, Athene noctua, Asio otus

Pito verdial, Picus viridis

Andoriña, Hirundo rustica, H. rupestris, Delichon urbica, Cecropis daurica

Pega, Pica pica

Lanvandeira, Motacilla alba, Motacilla cinérea (?)

Cotovía, Lullula arborea, e con algún adxectivo Galerida cristata

Pardal, Passer domesticus

Tornillo, Sturnus unicolor

Xilgueiro, Carduelis carduelis, (nome galeguizado do castelán, en Videferre coñécese coma Pintasilvo)

Bubela, Upupa epops

Merlo, Turdus merula

Curuxa, Tyto albo, poida que tamén Strixs aluco (?)

Noite boal, Caprimulgus europaeus, sería máis correcto con -v-, Noitevoal, ao vir de voar pola de noite.

Tordo, Turdus philomelos

Rabo roibo, Phoenicurus ochruros

Carrriza, Troglodytes troglodytes

Foleca, Hippolais polyglotta (con reservas)

Papo Roibo, Erithacus rubecula, Paporroibo

Vaqueira (andaba encima das vacas), Motacilla flava

Cirifolla (andaba nas verzas), Phylloscopus ibericus, P. collybita...

Forneira (paxaro pequeño), Sylvia undata

Arcea (parecida á perdiz), Scolopax rusticola

Papa figos, Oriolus oriolus

Trallón (anda moito cos animais domésticos), Ficedula hypoleuca

Cascarrolo (anda nas leiras de patacas comendo grilos), Lanius senator, L. collurio, L. meridionalis

Rosinol, Lusicinia megarhynchos

(De reseñar que en Bousés falan con gheada polo que os nomes con -g- serían con ela).

https://verin-natural.blogspot.com/2020/02/nomes-de-aves-recollidos-por-alumnos-do.html

https://verin-natural.blogspot.com/2017/03/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html


Espiño:

Insectos:

Mariquiña, Coccinella septempunctata, Coccinélidos.

Chinche dos Olmos, insectos Hemípteros, a especie máis coñecida é Nezara viridula.

Caldeirabeira, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, recollido en Espiño, Oímbra, por Carlos Augusto Matías

Marquesa, Mantis religiosa, Empusa pennata, recollido en Espiño por Carlos Augusto Matías

Mamíferos:

Rato papalbo, Elyomis quercinus, recollido en Espiño, Oímbra, por Carlos Augusto Matías

Moluscos:

Lermia, moluscos gasterópodos da Orde Pulmonata, a especie máis común é Arion ater.

Anfibios:

Salamántiga, Salamandra salamandra.

Réptiles:

Ladra, Tarentola mauritanica

Aves:

Sisón, Tetrax tetrax

Flora:

Erbideiro, Arbutus unedo

Nomes recollidos en Espiño, Oímbra, por Carlos Augusto Matías:

Flora:

Zargazo, Halimium lasianthum, planta

Estraloques, Digitalis purpurea

Fabaca, Lupinus spp.

Lirica, Lathyrus sp.

Apóitiga, Cytinus hypocistis

Aves:

Chasco, Saxicola rubicola

Letreito, Emberiza cirlus

Milleiro, Serinus serinus

Ameixendo, Paridae

Réptiles:

Viberón, Anguis fragilis

O venres 3 de decembro de 2020 xunto Bruno Rúa e Claudio Álvarez 'Zunín' estivemos recollendo nomes vernáculos de Fauna na localidade de Espiño do concello de Oímbra.

Isto é o que nos saíu:

 Aves:

Cascarrollo grande, Lanius meridionalis

Cascarrollo pequeno, Lanius collurio, L. senator

Caballero, Oriolus oriolus

Garrabaio, Garrulus glandarius

A Pizpiz, Anthus pratensis, A. trivialis

Cotovía, Lullula arborea

Cotovía corochuda, Galerida cristata

Laverca, Alauda arvensis

Noitevoal, Caprimulgus europaeus

Ameixenda grande, Parus major

Ameixenda brava, Cyanistes caeruleus

Trallón, Ficedula hypoleuca

Tánxaro, pode que fose a mesma especie anterior Ficedula hypoleuca (?)

Bubela, Upupa epops

Cuco, Cuculus canorus

Rola, Streptopelia turtur

Torda, Turdus philomelos, Turdus spp.

Chicharra, Miliaria calandra

Pita dos nabos, Tetrax tetrax

Corrolí, Burhinus oedicnemus

Pedreiro, pode que sexa Oenanthe oenanthe (?)

Chazco, Saxicola rubicola

Letreira, Emberiza cirlus

Pintaxirga, Carduelis carduelis

Chinco, Fringilla coelebs

Milleiro, Serinus serinus

Verderol, Chloris chloris

Pardal, Passer domesticus

Tornillo, Sturnus unicolor

Corvelo, Corvus corone

Corvo, Corvus corax

Pega, Pica pica

Engatuñadeira, Certhia brachydactyla

Pitorrei grande, Picus viridis

Pitorrei pequeno, Dendrocopos major

Carriza, Troglodytes troglodytes

Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus

Forneira, Sylvia undata

Foleca, Hippolais polyglotta

Merla, Turdus merula

Merla brava, Cinclus cinclus

Paporroibo, Erithacus rubecula

Raborroibo, Phoenicurus ochruros

Reisinol, Luscinia megarhynchos

Parpallaza, Coturnix coturnix

Lavandeira, Motacilla alba

Boeira, Motacilla flava

Anduriña, Hirundo rustica, Delichon urbicum

Vencello, Apus apus

Moucho, Athene noctua

Curuxa, Tyto alba, Strix aluco

Bufo, Bubo bubo

Perdiz, Alectoris rufa

Ave rapiña, Circus pygargus, Accipitridae

Tecelán, Falco tinnunculus

Ghabilán, Accipitridae

Berra, Gallinago gallinago

Pita das carballeiras, Scolopax rusticola

Avefría, Vanellus vanellus

Pato, Anas platyrhynchos, Anátidas, dicían que había dúas ou tres clases

Cighueña, Ciconia ciconia

Ághila, Buteo buteo, Accipitridae

Gharza, Ardea cinerea, tamén nos dixeron que lle daban este nome a unha rapiña diúrna sen especificar máis (?)

Arácnidos:

Licranzo, Buthus sp.

Réptiles:

Viberón, Anguis fragilis

Lagharta, había de dúas clases, Podarcis guadarramae lusitanica, Psammodromus algirus

Anfibios:

Salamántigha, había a da auga e a da terra, Lissotriton boscai, Triturus marmoratus, Salamandra salamandra

Ranilla, Hyla molleri

Ran, Pelophylax perezi

Sapo cunqueiro, Bufo spinosus

Sapo pequeno, Alytes obstetricans

Insectos:

Matacabalos, Gryllotalpa gryllotalpa

Costureira, Guerris lacustris

Caldeirabeira, Dermápteros

Polboreta, Heteróceros

Vacaloura, Berberomeloe majalis

Ghaiteiro, Odonatos

Pita cegha, Coccinella septempunctata, dicíanlle así: "Pita cega, voa voa, cando pases pola miña casa heiche dar pan e cebola"

Mamíferos:

Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus

Rato papalbo, Eliomys quercinus

Gharduña, Martes martes, Martes foina

Doniña, Mustela nivalis

Tourón, Mustela putorius

Londra, Lutra lutra

Visón, Neovison vison, de recente introdución

Gato bravo, Felis silvestris

Toupa, Talpa occidentalis

Leiranco dos regueiros, Arvicola sapidus

Leiranco das casas, Rattus rattus, R. norvegicus

Algaria, Genetta genetta

Morcego, Quirópteros, había o pequeno e o grande

https://verin-natural.blogspot.com/2020/12/nomes-vernaculos-de-fauna-recollidos-en.html

https://verin-natural.blogspot.com/2020/02/nomes-vernaculos-para-as-xoaninas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/12/nomes-vernaculos-para-as-lermes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/11/nomes-vernaculos-para-as-pintegas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/10/nomes-vernaculos-para-as-fedegosas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/e-mais-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2017/03/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html


O Rosal:

Insectos:

Luciérnaga, insectos Lampíridos, a especie máis coñecida é Lampyris noctiluca

Cadela moura, insectos Dermápteros, a especie maís coñecida é Forcicula auricularia, no Rosal, Oímbra, por Eloi Domínguez Delgado

Pinza oreillas, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, no Rosal, Oímbra, por José Luis Arias López

Anfibios:

Salamántiga, Tarentola mauritanica (?), recollido no Rosal, Oímbra, por Eloi Domínguez

Aves:

Calandra, Familia Alaudidae (?), o máis probable é que se refira a Melanocorypha calandra xa que o informante identificou con claridade outras especies semellantes como Alauda arvensis, Lullula arborea, e inlcuso, Emberiza calandra, afastándoas deste vernáculo, O Rosal (Oímbra)

https://verin-natural.blogspot.com/2019/07/sobre-os-nomes-dos-vagalumes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/e-mais-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.html


Oímbra:

Insectos:

Cadela moura, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, en Oímbra, por Perfecta Losada Sotelo

Coñécese unha información dada polo ornitólogo Xurxo Piñeiro de que un veciño de Oímbra lle dixera que en tempos había aquí un paxaro de cor azul, sen recollérselle nome, sospéitase que pudo tratarse de Coracias garrulus, sería unha xoia para toda Galicia que houbese aniñado na zona, hoxe vese en pasaxe postnupcial aínda que non é frecuente

(Desta localidade só se ten este nome vernáculo, falta por recollerse todo o resto de nomes de Fauna, seguirase nelo).

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html


Rabal:

Moluscos:

Lerma, moluscos gasterópodos da Orde Pulmonata, a especies máis común é Arion ater

Insectos:

Bichacadela, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, en Rabal, Oímbra, por Andrés Diz Domínguez e Maribel Núñez Diéguez

Falsa cadela, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, en Rabal, Oímbra, e Mandín, Verín

Teresa, Mantis religiosa, Empusa pennata, recollido en Rabal, Oímbra, por Toni

Réptiles:

Ladra, Tarentola mauritanica

Flora:

Estraloques, digitalis purpurea, recollido en Rabal, Oímbra, por Andrés Diz

Cheiraburros, Mentha rotundifolia

Néboda, Calamintha nepeta

Aves:

O xoves 26 de novembro de 2020 xunto co antropólogo Bruno Rúa estivemos recollendo nomes e ditos sobre as aves na localidade de Rabal do concello de Oímbra.

Isto foi o que nos saíu:

Pardal, Passer domesticus, tamén lle chamaban Pardao

Carriza, Troglodytes troglodytes

Xunguí, non soubemos identificar a especie, poida que sexa Aegithalos caudatus (?)

Papafigos, Oriolus oriolus

Martín peixeiro, Alcedo atthis

Pega, Pica pica

Corvo, Corvus corone

Pernileiro, Burhinus oedicnemus

Chinchín, Fringilla coelebs

Paporrubio, Erithacus rubecula

Nabiñeiro, Serinus serinus

Picapau, Dendrocopos major

Bubela, Upupa epops

Cuco, Cuculus canorus

Gaio, Garrulus glandarius

Cutuvía, Lullula arborea

Cascarrollo, Lnaius meridionalis, L. collurio, L. senator

Lavandeira, Motacilla alba

Tanxo, Ficedula hypoleuca, tamén lle chamaban Tánxaro, tiñan o seguinte dito: "Dicíanlle as anduriñas aos tánxaros: Pronde vas tánxaro louco, vides moitos e marchais poucos. E o tánxaro respondía: E vós anduriñas putas, vindes poucas e marchais muitas."

Anduriña, Hirundo rustica

Rola, Streptopelia turtur

Laverca, Alauda arvensis

Ghilguero, Carduelis carduelis, dicían que os portugueses lle chamaban Pintasilvo

Chasco, Saxicola rubicola

Cutuluvís, Certhia brachydactyla

Pazpallá, Coturnix coturnix, dicían así: Estaban os guardiñas portugueses e dicían "compañía, alto lá" (imitando o son do pazpallá), "están todos os galegos?". E estes dicían "volta pra trás" (imitando outra vez o son dos pazpallá).

Moucho, Athene noctua

Curuxa, Tyto alba

Escribiente, Emberiza cirlus

Verderol, Chloris chloris

Tornillo, Sturnus unicolor

Rousinol, Luscinia megarhynchos, dicían así:

"O rousinol é badío,

fai o nino na ribeira,

tamén faría o meu

nunha meniña solteira"

Folecra, Hippolais polyglotta

Cheda, Sylvia undata (?)

Torda louca, Turdus philomelos, Turdus viscivorus (?)

Merlo, Turdus merula, dicían así: "Dicíalle a formiga ao merlo: Merlo cherlo, cherlo merlo, mentras que andas de gallas en gallas, traballaras de vrao pra comelo no inverno." 

Pedreiro, Delichon urbicum

https://verin-natural.blogspot.com/2020/11/nomes-e-ditos-sobre-as-aves-en-rabal.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/12/nomes-vernaculos-para-as-lermes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/e-mais-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2017/06/mandin-pobo-mixto-de-falares-e.html


San Cibrao:

Insectos:

Chinche verde, Fedeghosa, insectos Hemípteros, a especie máis coñecida é Nezara viridula

Cadela moura, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia

Polboretesa, Mantis religiosa, Empusa pennata (debe estar o nome confundido co das bolboretas nocturnas)

Polboretesa, Lepidópteros, bolboretas nocturnas

Réptiles:

Ladra, Tarentola mauritanica

Escouparón, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai (?), Anguis fragilis

Mamíferos:

Muricegho, Quirópteros

Anfibios:

Marza, Hyloa arborea

Salamántigha, Salamandra salamandra

Flora:

Ólomo, Populus tremula

Allas, chámaselle así cando sae un único bulbo de Allo, Allium sativum. Crenzas máxicas: utilízase en San Cibrao (Oímbra) contra o mal de ollo e contra as meigas, con maior efecto que o Allo, se callar non falta unha Alla en ningunha casa do pobo 

Aves:

Pernileiro, Burhinus oedicnemus, criaba onda o muíño

Arieiro, charadrius dubius

Cotoluvía, Lullula arborea

Cascarrollo, Lanius spp.

Tanxo, era como o Pardal (?)

Trallón, Ficedula hypoleuca

Foleca, pode que se referira a Hippolais polyglotta (?)

Sisón, Tetrax tetrax

Verderol, Carduelis chloris

Pintasilgo, Carduelis carduelis

Pedreiro, Delichon urbica

Anduriña, Hirundo rustica

Papafighos, Oriolus oriolus

Bubela, Upupa epops

Chinchín, parecido á Lavandeira (?), Páridos (?), Fringilla coelebs (?)

Pitorrei, Picus viridis (?), Dendrocopos major (?)

Ghaio, Garrulus glandarius

Curuxa, Tyto alba

Estorniño, Sturnus unicolor

Martín pescador (castelanizado)

Merlo de augha, Cinclus cinclus

Pegha, Pica pica

Carriza, Troglodytes troglodytes

Galo de auga, Fulica atra

Pita de auga, Gallinula chloropus

Garcexa, Gallinago gallinago (?)

Rousinol, Luscinia megarhynchos

Nomes vernáculos de aves recollidos en San Cibrao ao veciño Pedro Damorín (hoxe xa falecido, transmitíu parte do seu coñecemento):

 Freixán, Phasianus colchicus

Cutuvia, Lullula arborea

Cutuvía curuchada, Galerida cristata

Calandra, Melanocorypha calandra

Laverca, Alauda arvensis

Chasco, Saxicola rubicola

Pegha, Pica pica

Ghaio, Garrulus glandarius

Picanzo, Lanius meridionalis

Cascarrollo, Lanius senator

Cotorniz, Coturnix coturnix

Chicharra, Miliaria calandra (?)

Folecas, Hippolais polyglotta, recollido en San Cibrao (Oímbra), dísenos que andaban nas silveiras, comían as moras, collíanse por setembro, pola Santa Cruz, púñanse para coller as Folecas os froitos da Truvisqueira, Dafne gnidium.

Pardal grande, Petronia petronia, recollido en San Cibrao (Oímbra), diferenciábase esta especie dos outros Pardais por ser maior, é o primeiro vernáculo que se recolle na bisbarra para esta especie


Avefría, Vanellus vanellus, antes había moitas

Ghabilán, Accipiter nisus

Cotorniz, Coturnix coturnix

Pazpallá, Coturnix coturnix

Gharallo, Clamator glandarius

"Segundo nos contou o Tío Gherardo de San Cibrao (hoxe xa falecido, transmitíu parte do seu coñecemento), di que o Gharallo é o mesmo páxaro có Cuco, que cando vén non sabe cantar poque vai frío e entón 'gharalla', despois cando chega o bo tempo xa sabe cantar ben e entón fai "cucú-cucú-cucú"."

Noitevoar, Caprimulgus europaeus

Vencella, Apus apus

Pito rei, Picus viridis

Puchel, Dendrocopos major (?)

Rinchón, Delichon urbica

 Chinco, Paridae (?), Fringilla coelebs (?)

Cascarrollo, Lanius spp.

Ghaio, Garrulus glandarius

Pintasilvas, Carduelis carduelis

Naviñeiro, Linaria cannabina

Chicharra, Emberiza calandra

Cirria, Emberiza cia (?)

https://verin-natural.blogspot.com/2020/09/mais-nomes-vernaculos-da-bisbarra-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/11/nomes-vernaculos-para-as-pintegas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/10/nomes-vernaculos-para-as-fedegosas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/e-mais-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2017/03/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2016/10/conversando-sobre-ladras-landras-lascas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2008/11/nomes-vernculos-de-flora-da-comarca-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.html


Videferre:

Insectos:

Mariquiña, Coccinella septempunctata, Coccinélidos, dicíanlle así:

"Mariquiña de Dios

cóntame os dedos

e vaite con Dios."

Feduncho, insectos Hemípteros, a especie máis coñecida é Nezara viridula.

Bicho coraceiro, insectos Lampíridos, a especie máis coñecida é Lampyris noctiluca.

Caldeirabeira, insectos Dermápteros, a especie máis coñecida é Forcicula auricularia, en Videferre, Oímbra, por Claudio ‘Zunín’ Álvarez

Reina, Mantis religiosa, Empusa pennata, recollido en Videferre, Oímbra, por Claudio Álvarez

Moluscos:

Lermia, moluscos gasterópodos da Orde Pulmonata, a especie máis común é Arion ater

Anfibios:

Salamántiga, Salamandra salamandra

Aves:

Ferreiriño, Aegithalos caudatus, recollido en Videferre (Oímbra), por Claudio Álvarez 'Zunín'

Páxaro da nabiña, Serinus serinus, recollido en Videferre (Oímbra), por Claudio Álvarez 'Zunín'

Flora:

Carrasca brava, Quercus ilex, recollido en Videferre (Oímbra) por Claudio 'Zunín'

Merendeiras, Narcissus triandrus, recollido en Videferre (Oímbra) por Claudio 'Zunín' e Pepa de Videferre

Campaíñas, Narcissus bulbocodium, recollido en Videferre (Oímbra) por Claudio 'Zunín' e Pepa de Videferre

Os Páxaros do Centro do Mundo

No pasado mes de outubro, durante unhas xeiras multidisciplinares, recolléronse unha morea de nomes vernáculos de aves e outros seres que nos proporcionou o amigo Claudio -Zunín-, amante dos páxaros e a Natureza da súa Terra, recollidos e usados de forma natural ao longo dos anos no pobo de Videferre: O Centro do Mundo.

Debido á extensión do material recollido irase subindo a información noutras próximas entradas, tais coma nomes vernáculos de Fauna e Flora e algunhas outras curiosidades sobre a Fala de Videferre e algún que outro lugar limítrofe.

Todo un compendio de sabedoría popular.

Comezamos entón a viaxe polas designacións que se lles dá ás Aves no Centro do Mundo:

Aguia, Accipitridae. Sería un nome xenérico para todas as aguias, mais debido á cercanía da Serra do Larouco puido haber servido nun principio para designar en exclusiva á Aguia real, Aquila chrysaetos, como ocorre noutras zonas de presenza desta especie. "Pódese ter a certeza que aquí viviu a Águia real ao ser vista e identificada plenamente en tempos pasados".

Aguia perdiceira, Hieraaetus fasciatus vs. H. pennatus. Non se sabe de certo a que especie de Aguia se correspondería, Hieraaetus fasciatus sería escasa en extremo e H. pennatus non estaría especializada en depredar sobre as Perdices, aínda que o lugar sexa, ou fora, óptimo para a abundancia destas galiñáceas, de aí virá o topónimo de preto Vilar-de-Perdizes.

Ameixengo manso, Parus major, Parus caeruleus. "Vive cerca dos Humanos. É un páxaro confiado e curioso. A súa beleza é unha pincelada de cor que namora. Anida en calquera burato, con preferencia por casas abandonadas".

Ameixengo bravo, Aegithalos caudatus. "Case o mesmo páxaro. Costumes diferentes. Adoitan vivir en grupos familiares a diferencia dos mansos que case sempre se alimentan sós".

Anduriña, Delichon urbica, Hirundo rustica, Riparia riparia. Nome xenérico para designar aos hirundínidos coa excepción de Hirundo daurica e Ptyonoprogne rupestris.

Anduriña brava, Ptyonoprogne rupestris. Esta sería a primeira vez que se atopa unha desginación para esta especie na comarca de Monterrei.

Anduriña do monte, Hirundo daurica. Da mesma maneira que para Ptyonoprogne rupestris sería a primeira vez que se atopa unha desginación para a especie na comarca de Monterrei e pode que tamén sexa o primeiro nome vernáculo para Hirundo daurica recollido en Galicia.

Arnabico, Burhinus oedicnemus. Cando pasan silbando en voo pola noite dicían que ía morrer alguén. Na cultura popular as aves nocturnas relaciónanse coa morte. "Ocurrencia ocasional. O seu hábitat foi destruído".

Ave rapiña, Circus pygargus. Recollida esta designación con anterioridade noutros lugares para esta especie en concreto ao confirmaren a súa presenza só en época estival a diferencia de Circus cyaneus que é residente.

Avefría, Vanellus vanellus. Antes de desecaren a Lagoa de Antela víanse bandos moi numerosos polo inverno. "Páxaro que se foi. Antes víanse grandes bandadas que cubrían A Veiga, onde criaba. Era unha das aves máis emblemáticas de Videferre".

Barrigadodre, Phoenicurus ochruros. Anda polas paredes e buracos das casas do pobo, cría varias veces na temporada. "Tímido e solitario, lembra a unha pantasma axexando en lugares solitarios".

Berras, Gallinago gallinago. Pode referirse aos sons que emite.

Boieira, Motacilla flava. Parecida á Lavandeira pero de cor amarela e anda entre o gado (en portugués tamén se di gado e non gando). Tense detectado a súa presenza en poucos lugares da comarca. "Primeiro desapareceron ás vacas e despois foron as Boieiras".

Bubela, Upupa epops. Este é o único nome atopado para esta especie, sen variantes.

Bufo, Buteo buteo, Bubo bubo. A parte de designar ao Bufo real, Bubo bubo, tamén se utiliza para a especie Buteo buteo, o Miñato común, no entanto tense recollido esta confusión en máis lugares da bisbarra. "Sempre que se preguntou só podía corresponderse co Bufo real. As explicacións falaban de lugares tranquilos e afastados".

Carriza, Troglodytes troglodytes. Única designación atopada para esta especie en toda a comarca. "Pequena e brincadeira. Cando emite os seus cantos pola primavera din que vai chover pois canta a Carriza".

Cazcarrollo, Lanius meridionalis. De tamaño grandiño, pincha as presas nos picos dos Escambrós, Crataegus monogyna (terminación plural en -s e non -ns como é a norma). "Liorteiro e afouto. Non duda en peteirar a mou de quen o sosteña".

Chazco, Saxicola torquata. Designación estendida por máis lugares.

Chicharra, Emberiza calandra. Nome por asimilación que fai referencia á analoxía do son desta ave co do coñecido insecto da familia Cicadidae.

Chinco, Fringilla coelebs. "Existe o Chinco vulgar, Fingilla coelebs, e o Chinco real, Fingilla montifringilla, que nos regalan a súa presenza. O nome virá do seu canto. Onomatopeito".

Cirifolla, Phylloscopus ibericus. Aliméntase dos pulgós (terminación plural en -s e non -ns como é a norma) das fabas polo mes de xuño. Ao dicir que está só presente ná primavera e vrou (así é como se di en Videferre verán) leva a concretar a esta especie, os outros Phylloscopus ou son de inverno ou de pasaxe ou con apariencia diferente á relatada. "Antes era moi numerosa, agora é testemuñal a súa presenza. Unha verdadeira mágoa. As causas poden ser os velenos mal utilizados polos Humanos. A súa presencia, un cibo de amabilidade e confianza".

Corvelas do Lobo, Pyrrhocorax pyrrhocorax. Fálase dun tipo de córvido que anda tras o Lobo, Canis lupus, designación que reflexa certo comportamento da especie. Fascinante.

Corvelo, Corvus corax, C. corone. Este nome úsase para desginar ambas especies aínda que existe unha zona dos montes de Videferre que se chama Penedo do Corvo, pola súa ubicación crese que fará referenza a Corvus corax.

Cutovía, Lullula arborea. Como raridade, na pronuncia diferénciase o -o- do -u-, non coma o caso doutros lugares da comarca onde se pronuncia o -o- como -u-, Cutuvía, asimilándose así ao portugués.

Cuco, Cuculus canorus. Designación amplamente espallada. Onomatopeico.

Curuxa, Tyto alba. Este é o único nome atopado para a especie en toda a comarca.

Domingonobelo, Oriolus oriolus. Onomatopeico. -nobelo pode facer referencia á forma en que está construído o nino (na comarca díse nino e non o normativo niño).

Engatuñadeira, Certhia brachydactyla. Engatuña polas árbores arriba, describe o comportamento da especie. "Pode estar presente a Engatuñadeira norteña, Certhia familiaris, ao observarse a unlla posterior excepcionalmente longa".

Forneira, Sylvia undata. Pequena, de rabo moi longo. Diferénciase das outras especies do xénero Sylvia.

Gabilán, Falco peregrinus (?). Pode que designe ao Falcón peregrino e non ao Gabián, Accipiter nisus, ao comentarse que estaba presente en zonas con grandes penedos e non en bosques. En Videferre hai unha paraxe que se chama Azoreira que se supón que veña de Azor, Accipiter gentilis.

Gaiñola, Scolopax rusticola. A especie en portugués chámase Galinhola. Está presente só no inverno. "Chega polo mes de novembro".

Garrabaio, Garrulus glandarius. Segundo unha interpretación intuitiva, o nome Garrabaio pode que sexa unha forma primitiva de designar a esta ave ao aproximarse ao Garrulus latino, coa mesma raíz garr-, co tempo economizaríase a linguaxe para dar paso á designación máis extendida Gaio, que conservaría entón as raíces ga- e -aio do orixinal. De ser verdade sería curioso. "Atrevido e depredador a todos os niveis. Fermoso, desconfiado e moi intelixente. As familias permanecen unidas ata a primavera seguinte. Coñecendos as súas costumes sempre saberás quen anda polos remansos do bosque nese momento".

Lavandeira, Motacilla alba. Diferenciada plenamente de Motacilla flava ou M. cinerea.

Laverca, Alauda arvensis. É a única designación que se atopou para esta especie en todos os lugares pescudados.

Laverca de poupa, Galerida cristata. Poupa fai referencia á crista que ten esta especie na cabeza e provén directamente do português: poupa, s. f. tufo de penas que adorna a cabeça de algumas aves.

Letreira, Emberiza cirlus, E. citrinella, E. cia. Posiblemente sexa un vernáculo compartido con diferentes emberízidos, sen concretar especie, áinda que o máis probable é que se corresponda con Emberiza cirlus.

Malviz, Turdus iliacus. Presente só no inverno.

Melra, Turdus merula. Designación similar ao portugués, Melra en vez de Merla. Diferénciase a Melra, en femenino, especie que anda en solitario nos bosques, co Melro, en masculino, que anda en bandos nos arredores do pobo.

Melra troitoira, Cinclus cinclus. Esta especie posúe a desginación Melra achegada ao portugués e a variante -troitoira achegada a outros nomes atopados na bisbarra, que anda entre as Troitas, Salmo trutta, é dicir, nos ríos, é unha ave insectívora.

Melro, Sturnus unicolor. O mismo que para a Melra, designación similar ao portugués. Diferénciase o Melro, en masculino, especie que anda en bandos nos arredores do pobo, coa Melra, en feminino, que anda en solitario nos bosques.

Milleiro, Carduelis cannabina. Os machos teñen o peito vermello. "Fai tempo víanse bandadas moi grandes de miles de exemplares, de aí virá o seu nome, Milleiros".

Moucho, Athene noctua, Otus scops, Strix aluco. Nome xenérico para designar a estas tres especies, e poida que aínda tamén a Asio otus e Asio flammeus.

Naviñeiro, Serinus serinus, Carduelis chloris. Pequeno e de cor amarelo, co pico de granívoro, vense nas viñas, de aí o seu nome. Tamén se distingue unha outra especie máis grandiña de Naviñeiro que se corresponde con Carduelis chloris. Noutras zonas da comarca recóllese esta designación para Carduelis cannabina.

Noitevoal, Caprimulgus europaeus. Outra variante da designación máis extendida na comarca, fai referencia ás palabras noite e voar, que voa pola noite.

Paporroibo, Erithacus rubecula. É curioso non se ter atopado esta terminación -rroibo noutras localidades da comarca, o común é atoparse coa  terminación -rrubio, Paporrubio.

Pardal, Passer domesticus, P. montanus. Designación amplamente estendida.

Parpallaza, Coturnix coturnix. Variante da designación máis extendida pola comarca. Onomatopeico, asimílase ao canto desta ave.

Pedreiro, Oenanthe oenanthe. Aniña en buracos de paredes lonxe dos pobos, a diferenza de Phoenicurus ochruros que non lle importa aniñar en buracos no interior dos pobos, aínda que tamén aniña en zonas rochosas naturais.

Perdiz, Alectoris rufa. Designación estendida amplamente.

Pintasilvo, Carduelis carduelis. Semellanza co nome oficial en portugués Pintassilgo.

Pita brava, Tetrax tetrax. Antes víanse, agora fai tempo que non se ven. "Tamén se foi".

Pitorrei, Picus viridis. Distínguense tres tipos de Pitorrei, esta designación sen calificativo sería para referenciar a esta especie máis grande e común, despois estarían o ferreño e o pedrés, Decrocopos major e Jynx torquilla.

Pitorrei ferreño, Dendrocopos major. Este é outro Pitorrei, máis pequeno e de coloración diferente.

Pitorrei pedrés, Jynx torquilla. Este é o último dos Pícidos, o seu calificativo refírese a que ten unha coloración críptica semellante aos tons das pedras. Descríbese á perfección o comportamento da ave ao mencionarse a característica de torcer o pescozo como se fora unha cobra. É a primeira vez que se recolle un nome vernáculo para esta ave na comarca de Monterrei. Escaso na zona.

Pizpiz, Anthus pratensis. Veñen en novembro, designa en concreto a esta especie invernante. Onomatopeico, reflicte o reclamo da ave en voo.

Pomba, Columba palumbus. Nome para designar só a esta especie de colúmbido.

Rola, Streptopelia turtur. Desginación única para esta especie na comarca.

Rosinol, Luscinia megarhynchos. Variante da designación que tamén se recolleu en outras localidades.

Tanxos, ?. Non se puido descubrir a que especie correspondería este nome vernáculo xa que fai moito tempo que non se ven e voaban tan alto que non se lles vía ningún detalle, pasaban en bandos numerosos, pode que se tratara dalgunha especie de ave limícola (?).

Tercelán, Falco tinnunculus. Variante dunha das designacións máis extendidas na comarca de Monterrei para este pequeno falcón.

Torda, Turdus viscivorus. Recolleuse este vernáculo para desginar en concreto a este túrdido, utilizándose o femenino ao ser unha especie un pouco maior que as outras do xénero. Non se atopou ningún nome para Turdus iliacus, T. philomelos e T. pilaris, de existir algún para o máis común Turdus philomelos podería que fose a desginación en masculino Tordo, ao ser de menor tamaño que Turdus viscivorus.

Tornillo, Apus apus. É curioso que este vernáculo se ten atopado noutras localidades da comarca para desginar a Sturnus unicolor, que aquí se lle chama Melro, e a máis extendida designación Merlo para chamar a Turdus merula, que aquí se lle chama Melra. O nome máis común na comarca para Apus apus sería Vencello. Unha auténtica mestura e confusión de nomes e especies.

Trallón, Ficedula hypoleuca. Vense polo mes de setembro, en pasaxe posnupcial.

Continuará en vindeiras entradas.

Nas xeiras multidisciplinares participaron:

Alberte Reboreda

Claudio Álvarez, Zunín

Eduardo Castro

Xosé Luís Lozano, Nipis

Xosé Ramón Reigada

Xosé Bergantiños Rodríguez

Recollido e revisadas as especies por Claudio Álvarez e Xosé Ramón Reigada.

A Fauna do Centro do Mundo

Continuamos cos nomes vernáculos dados a outros grupos faunísticos no Centro do Mundo despois da anterior entrada sobre páxaros. Da mesma maneira foron recollidos e son utilizados por Claudio -Zunín- na localidade de Videferre: O Centro do Mundo.

O dito, debido á extensión do material recollido irase subindo a información en vindeiras entradas onde se incluirá o recollido sobre Flora e Fungos e as curiosidades que nos queden por mencionar sobre a Fala de Videferre. Terase que tratar noutra entrada posterior varios vernáculos recollidos en localidades próximas ao reflexar algunha especie a maiores das presentadas.

Seguimos entón a viaxe coas designacións recollidas dos Invertebrados, Hérpetos e Mamíferos no Centro do Mundo:

Insectos:

Caldeirabeira, Forcicula auricularia; Dermaptera. Designación que acollería a varias especies da orde dermápteros, a máis coñecida sería Forcicula auricularia. Este vernáculo difire dos atopados ata o momento na comarca, todos os outros gardan unha relación entre si ao incluíren a designación -cadela-: Cadela faldrexa, Cadela moura ou Fladracadela, o único asimilable con este nome podería ser que houbese variado co tempo a forma cadela- para a de caldeira-. Nalgunhas localidades de Portugal a este grupo de insectos chámaselle Cadela-abeira, Cadela-beira, e variantes similares.

Chicharra, Cicadidae. Vernáculo compartido coa especie de ave Emberiza calandra por asimilación co coñecido son desta familia de insectos.

Escarabello, Coleoptera. Nome xenérico para designar aos Coleópteros, en especial aos esterqueiros.

Formiga cabalaria, Formica rufa; Formicidae (?). Vernáculo extendido por toda a comarca para designar as especies de Formícidos de tamaño grande. Estes animais utilízanse de maneira cruel durante as celebracións do Entruido ao tirar as obreiras por riba da xente.

Gaiteiro, Odonata. Nome xenérico para designar as distintas especies de odonatos, tanto zigópteros como anisópteros.

Grilo romano, Gryllotalpa gryllotalpa. Primeiro nome vernáculo atopado na comarca para desginar a esta especie en concreto.

Limpafontes, Guerris lacustris. A diferencia deste significado o nome común en galego Limpafontes designa a unhas especies de salamándridos dos xéneros Lissotriton e Triturus.

Mariquiña, Coccinellidae. Nome que designaría aos insectos coleópteros da familia dos coccinélidos. A especie de Mariquiña máis coñecida sería Coccinella septepunctata e poida que tamén Adalia bipunctata.

Matacabalos, Dytiscus marginalis; Dytiscidae, Gyrinidae, Haliplidae, Hygrobiidae, Hydrophilidae; Aphelocheiridae, Naucoidae, Corixidae, Notonectidae (?). En principio este nome designaría á especie Dytiscus marginalis, incluíronse outras familias de escarabellos acuáticos, coleópteros, e fedegosas acuáticas, hemípteros heterópteros, por pertenceren todas a un grupo diverso de características próximas ou costumes similares de non fácil identificación popular. En Vilar-de-Perdizes dáselle o nome de Cazafelho segundo nos conta o Padre Fontes, Antonio Lourenço Fontes.

Morrón, fase larvaria da Orde Lepidoptera. Ao desenrolarse o Morrón transfórmase en Crisálida onde sofre a metamorfose que da paso ás formas adultas de Bolboretas e Polboretas.

Polboreta, Heterocera. Lepidópteros do suborde dos Heteróceros. Nocturnas.

Reina, Empusa pennata, Mantis religiosa, Ameles sapallanziana. Nome que designa principalmente á especie máis coñecida Mantis religiosa, aínda que na zona tamén están presentes as outras dúas especies de mántidos. Segundo nos comentan dicíaselle así:

"Reina pon a mesa

tan alto que non se vexa."

Tabán, Tabanidae. Variante do nome común que desgina ás especies desta familia de dípteros, e pode que aínda algunha outra familia de características semellantes.

Vacaloura, Berberomelo majalis, Physomeloe corallifer. Inclúense estas dúas especies ao estaren ambas presentes na cunca do río Búbal. Vernáculo recollido noutras localidades da comarca.

Arácnidos:

Carneiro das mallas, Pholcus opilionoides, P. phalangioides; Pholcidae; Opilion. Primeiro vernáculo recollido na comarca para designar a este tipo de arácnidos. En pirncipio podería corresponderse coas especies máis comúns Pholcus opilionoides ou P. phalangioides, da familia Pholcidae, ou mesmo chegar a confundirse coa orde Opiliones da que sería complicado xebrar as diferentes especies.

Licranzo, Buthus ibericus. Semella ser unha confusión idiomática da designación Alacrán, dada a esta especie e amplamente espallada, co nome común en portugués Licranço, dado á especie de réptil Anguis fragilis.

Moluscos:

Lermia, Arion ater; Systellommatophora (moluscos gasterópodos sen cuncha). Outra variante do nome común dado ás babosas. Designa principalmente á especie máis común Arion ater, incluíndo a todas as outras presentes neste grupo.

Anélidos:

Mioca, Lumbricidae. Coñecido anélido que vive na terra. Designación extendida.

Anfibios:

Arrán, Peplophylax perezi, poida que tamén Rana iberica. En principio sería un nome xenérico para designar as distintas especies de anuros dos xéneros Pelophylax, Rana ou Hyla, aínda que se concretaría para a especie máis común Pelophylax perezi.

Ranilla, Hyla arborea. Diminutivo castelanizado para designar en concreto a esta especie de Arrán.

Salamántiga, Salamandra salamandra. Outra variante do nome común. En portugués tamén existe a designación Saramántiga para esta especie de anfibio.

Sapo couqueiro, Bufo bufo. Variante da designación común para esta especie.

Réptiles:

Lagarta, Xéneros Podarcis e Psammodromus. Nome xenérico para designar as diferentes especies de Lacértidos presentes na zona.

Cobra, Colubridae. Nome xenérico para designar aos colúbridos. A muda das serpes coñécese aquí co nome de plica, que virá de pelica (de pel) s.f. Pel dun animal.

Escóuparo, Anguis fragilis. Variante doutras designacións atopadas na comarca.

Lagarto ferreño, Lacerta schreiberi. Este é o primeiro nome vernáculo recollido na comarca para identificar en concreto a esta especie de lagarto.

Viberón, Chalcides bedriagai, C. striatus. Ténse atopado este nome vernáculo noutras zonas da comarca aínda que compartido con outras especies de réptiles ápodos ou semi-ápodos, Anguis fragilis e Blanus cinereus, aquí só identifica principalmente a Chalcides striatus, ao ser máís común, inlcuíndo tamén a C. bedriagai ao estar constatada a súa presenza nos arredores.

Mamíferos:

Algaria, Genetta genetta. Designación ampliamente extendida para esta especie.

Alondra, Lutra lutra. Confusión lingüística, intrusión ou variante do nome común desta especie chamada en galego Londra e en portugués Lontra, co nome común en castelán da especie de ave Alondra, Alauda arvensis, coñecida aquí como Laverca.

Capreolus capreolus. Antes non as había na zona por eso non se lles pon nome aínda que se coñecen como Cabras ou Corzas.

Doniña, Mustela nivalis. Nome extendido por toda a comarca. Diferenciada a especie doutros mustélidos.

Gato bravo, Felis silvestris. Desginación extendida.

Leirón d'auga, Arvicola sapidus. Primeiro nome vernáculo atopado na comarca para designar a esta especie de mamífero roedor de alimentación vexetariana que vive nas marxes dos ríos e humidais. Leirón é o nome que se lles da en portugués as especies Eliomys quercinus e Glis glis, polo que podería ter influenza portuguesa, tamén é o nome oficial en galego mais no resto da comarca utilízase a designación Lirón e non Leirón para as especies do xénero Rattus.

Morcego, Quiroptera. Nome xenérico para designar ás diferentes especies de Quirópteros. O nome correpóndese co oficial en galego aínda que o máis probable é que estexa vencellado á designación deste grupo faunístico en portugués, que se di da mesma maneira: Morcego, xa que no resto da comarca o máis extendido é o nome de Muricego coas súas variantes.

Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus. Nome amplamente extendido.

Rata, Talpa occidentalis. Nome dado na zona a estes coñecidos micromamíferos insectívoros que viven na terra. Confúndese esta desginación coa xenérica dada aos roedores do xénero Rattus. No resto da comarca é coñecida como Toupa.

Rato papalbo, Eliomys quercinus. É de interese que se coñeza este fermoso animal e até teña un nome vernáculo na zona, o que reflicte que debe posuír unha abundancia relativa.

Rebisaco, Mustela erminea (?). Este vernáculo xa se recolleu noutras localidades da comarca para designar a Genetta genetta, aquí identificouse con Mustela erminea ao dar pistas fiables respecto á súa coloración estacional, aínda que non se puido comprobar a presenza desta especie na zona. Referente á desginación Rebisaco, especulando un pouco, podeu haber procedido nunha orixe do homólogo portugués Saca-rabos, que fai referencia nada menos que ao mediterránico Herpestes ichneumon, a única mangosta europea, con posible presenza histórica na comarca.

Teixugo, Meles meles. Designación amplamente extendida.

Continuará noutra vindeira entrada.

* Información recollida durante unhas xeiras multidisciplinares nas que participaron:

Alberte Reboreda

Claudio Álvarez, Zunín

Eduardo Castro

Xosé Luís Lozano, Nipis

Xosé Ramón Reigada

Xosé Bergantiños Rodríguez

Recollido e revisadas as especies por Claudio Álvarez e Xosé Ramón Reigada.

A Flora, os Fungos e outras curiosidades da Fala do Centro do Mundo

Para rematar o ano e esta primeira viaxe polos coñecementos populares do Centro do Mundo imos tratar dos nomes vernáculos dados aquí á Flora e aos Fungos da zona, inlcuíndo propiedades medicinais e outros usos tradicionais, ademais de curiosidades desta Fala senlleira, recollida e usada por Claudio -Zunín- e Pepa de Videferre na localidade raiota de Videferre: O Centro do Mundo.

Debido ao enorme interese lingüístico e etnográfico da zona seguirase, ao longo do tempo, tratando de recompilar a maior cantidade posible de información desta ancestral sabedoría de trasmisión oral.

Rematamos entón este contacto inicial coa Fala de Videferre, tratando a continuar as designacións e información recollida sobre a Flora, os Fungos e curiosidades da Fala do Centro do Mundo:

Flora:

Abóitiga, Cytinus hypocistis. Planta que parasita Cistáceas. Utilízase como comestible chuchando o seu extracto. Noutras zonas da comarca é coñecida como Póutiga ou Apóutiga. É unha planta de certa dificultade para atopala polo que se utiliza este facto para gastarlle unha borma a alguén ao facelo ir buscar as Abóitigas a unha zona de monte de maneira semellante aos Biosbardos ou Meimós imaxinarios.

Arzán, Lavandula stoechas. Fumábase a semente seca liada coma se fose tabaco.

Anthemis arvensis. Aínda sendo unha planta coñecida na zona, e mesmo plantada nas hortas, non se lle recolleu ningún nome específico para ela. Usaríase a modo de infusión igual que a Manzanilla ou Macela, Matricaria chamomilla.

Balancía, Citrullus lanatus. Planta hortícola da familia das cucurbitáceas. En galego oficial díse Sandía, igual que en castelán. En portugués chámase Melancía. Atopamos unha variante desta mesma designación no idioma Mirandelés, onde se lle chama Blancia -Blancía-, que junto ao Mirandés poderían ser un reducto da fala do antigo reino da Gallaecia. Fascinante.

Bidro, Betula pubescens. Variante doutras desginacións atopadas na comarca.

Canafecha, Conium maculatum. Habita en regatos. Especie altamente tóxica, en especial as sementes.

Cidreira, Melissa officinalis. Nome semellante ao dado en portugués oficial: Erva-cidreira. O principal método de uso sería como infusión relaxante.

Cincho, Chenopodium album. Planta adventicia -coñecidas de forma vulgar e inxustificada como malas herbas-, noutras zonas da comarca coñécese co nome máis común de Saíncho.

Corcheiro, Quercus suber.

Eirogos, Origanum virens. Herba aromática, usada en especial como condimento para engadir ás zorza dos chourizos.

Fentobrún, Osmunda regalis.

Galocrista, Salvia verbenaca. Planta da familia das labiadas que se usaba para quitar partículas dos ollos ao introducir as sementes nestes e frotar as pálpebras. "Os Antigos tiñan moita fe nos frutículos que, a maneira de semente de cor escura, fórmanse en número de 1 a 4 no fondo do cáliz da galocrista. Con estos frutículos, colocados debaixo das pálpebras e pechando o ollo, pretendían limpársello de floquiños, arxemas e musarañas. As xentes do campo todavía utilizan actualmente estos gránulos de galocrista para aclarar a vista". (Plantas medicinais. O Dioscórides renovado. Pío Font Quer).

Galotos, Solanum nigrum. Planta adventicia -grupo de plantas coñecidas de forma vulgar e inxustificada como malas herbas- da familia das solanáceas. Tóxica.

Hortelá, Mentha spp. Designación dada a distintas especies de mentas. Usadas como plantas aromáticas, ornamentais ou medicinais, en especial como dixestiva.

Lavandula angustifolia. Cultivada en hortas e xardíns.

Malvela, Glechoma hederacea.

"Se a muller soubera o bo que é a Malvela

pacería nela como o boi pace a herba."

Morangueiro, Arbutus unedo. Variante da designación máis extendida na comarca de Morogueiro. Semella ter influenza do portugués, neste idioma emprégase este nome en femenino para referirse á planta que da morangos, Fragaria vesca; tamén para designar un tipo de viño popular e apreciado en portugal, o viño morangueiro, con sabor afroitado a morangos.


Olmo, Populus tremula. Moi interesante vernáculo para esta especie propia das rexións frescas e templadas de Europa e Asia, podendo considerarse como unha especie relicto das últimas glaciacións. Esta sería unha variante do vernáculo que xa se tiña recollido na veciña localidade de San Cibrao, onde se lle chama Ólomo, un sincretismo entre as designacións en castelán Olmo e Álamo. Nas dúas localidades diferénciase ben esta especie das dos Olmos propios, chamados na comarca Negrillos, Ulmus spp, e dos Álamos, que aquí se lles chama Chopos, Populus spp, e en especial a especie autóctona máis coñecida do Chopo, o P. nigra, de certa similitude co P. tremula. Por suposto que está comprobada a presenza da especie nas dúas localidades. Excepcional.

Pastadeira, Merendera montana.

Pata de Cabra, Phllyrea angustifolia. Este é o primeiro nome vernáculo que se recolle na comarca para designar a esta especie termófila da familia das oleáceas. Planta de certo interese botánico para esta latitude que mostra o marcado carácter mediterránico da zona. Parece que se usaba para envelenar os ríos da mesma maneira que o popular Truvisco, Daphne gnidium.

Phytolacca americana. Usábanse as bagas machucadas en forma de tinte para resaltar coa súa cor vermella os nomes gravados nas lápidas do cemiterio.

Ruda, Ruta graveolens. Medicinal e como amuleto protector.

Sarxa, Salvia officinalis. Ten moitas propiedades medicinais: antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente, antiséptica.

Silva macha, Rosa spp. Diferencian esta das outras especies de Silvas máis coñecidas, Rubus spp.

Té, Chenopodium ambrosioides. Planta orixinaria da América, úsase popularmente a modo de té, de ahí o seu nome, sen concretar ningunha utilidade medicinal.

Fungos:

Cogordón, Cogumela, Macrolepiota spp. Diferénciase o Cogordón, cando o sombreiro está pechado, da Cogumela, cando o sombreiro está aberto.

Cornexo, Claviceps purpurea. Fungo do grupo dos ascomicetos que parasita en especial o centeo. É un fungo alucinóxeno. En tempos chegouse a comprar con fins farmaceúticos.

Nízcaros, Boletus spp. Identifícanse dependendo das árbores debaixo das que medren: Nízcaro de Bidro, Nízcaro de Carballo, Nízcaro de Castiñeiro.

Nízcaros de Cobra, nome xenérico que se usa para designar en xeral a todos os Fungos do grupo dos Basidiomicetos que non son comestibles ou se descoñece a súa calidade como comestibles.

Nízcaro de Raposa, Phallus impudicus. Aparecería arredor das viñas. Sería o primeiro nome vernáculo atopado na comarca para este fungo.

Ovos de Cuco, Licoperdon perlatum. Comestible só cando é de cor branca. Pode que se lle dé este nome a outros fungos de aparencia similar.

Rebentabois, Amanita muscaria. Reflicte a toxicidade do fungo.

Seta, Fistulina hepatica. De cor encarnado, habita no toro de Catiñeiros ou Carballos. Moi bo comestible. Con este castelanismo de Seta desígnase a esta especie en concreto.

Fala:

Barrosou: Habitante ou pertencente á veciña rexión portuguesa do Barroso. Téñase en conta a terminación -ou  na vez de -ao, -an no galego oficial, aínda que nos xentilicios se admite -ao.

Bastián: O boneco que representa ao Entruido. Noutras zonas coñécese esta figura como Meco, Lardeiro, ou mesmo Entruido.

Billós: Utilízase para designar non só ás castañas asadas desprovistas de casca senón tamén a todas as castañas que serven para coller. Noutras zonas da comarca atopamos as variantes Bullós e Bullotes. Entre as distintas variedades de Billós que se cultivan na zona están a Famosa, a Foleira, a Longal e as Da-Trés.

Cencelo: Fenómeno meteorolóxico consistente na formación de cristais de xeo na vexetación causado pola conxelación das gotas de auga presentes no neboeiro xeado. Provirá da designación cencellada, que en castelán designa este fenómeno moi típico no interior da meseta ibérica, presetando similitude con certos lugares desta zona ao existir aquí terreos de planalto frío.

Chou: Chan no galego oficial. Chao, degisnación noutras zonas da comarca.

Cibo: Parte pequena; anaco, cacho (un cibo de pan).

Coañadeira: Especie de vasoira feita de Bidro (Betula pubescens), non de Codeso (Adenocarpus complicatus), que se utilizaba para varrer as airas.

Coaño: Serían os feixes dos restos da malla.

Cobra: Designación xenérica para os colúbridos.

Gado: Gando no galego oficial. En portugués tamén se lle chama Gado.

Grou: Gran no galego oficial. Grao, designación noutras zonas da comarca.

Irmou: Irmán no galego oficial. Irmao, desginación noutras zonas da comarca.

Maseira: Especie de caixón ou arca de madeira de forma rectangular, máis estreita no fondo ca na boca, que se emprega para amasar o pan, salgar a carne da matanza ou mesturar a zorza; artesa.

Mou: Man no galego oficial. Mao, designación noutras zonas da comarca.

Nino: Nome para designar os niños das aves, o mesmo que en toda a comarca.

Padieira: Parte superior horizontal dunha porta ou ventá. Na comarca está máis extendida a designación de lumieira.

Plica: Epiderme dos répteis, en especial a das cobras, da que se desprenden no acto da muda. Viría de pelica.

Tanlla: Recipiente de cerámica para conter líquidos.

Trepolas: Serían os Castiñeiros bravos, Castanea sativa, que medran ventureiros sen a mou do home.

Vrou: Verán no galego oficial. Vrao, designación noutras zonas da comarca.

Continuaremos coa pescuda e recompilación das características desta Fala enxebre.

Información recollida durante unhas xeiras multidisciplinares nas que participaron:

Alberte Reboreda

Claudio Álvarez, Zunín

Eduardo Castro

Xosé Luís Lozano, Nipis

Xosé Ramón Reigada

Xosé Bergantiños Rodríguez

Recollidas e revisadas as especies por Claudio Álvarez, Pepa de Videferre, Xosé Ramón Reigada e Xosé Bergantiños Rodríguez.

https://verin-natural.blogspot.com/2020/02/nomes-vernaculos-para-as-xoaninas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/12/nomes-vernaculos-para-as-lermes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/11/nomes-vernaculos-para-as-pintegas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/10/nomes-vernaculos-para-as-fedegosas.html

https://verin-natural.blogspot.com/2019/07/sobre-os-nomes-dos-vagalumes.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

https://verin-natural.blogspot.com/2018/03/e-mais-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2017/03/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.html

https://verin-natural.blogspot.com/2012/12/a-flora-os-fungos-e-outras-curiosidades.html

https://verin-natural.blogspot.com/2012/11/a-fauna-do-centro-do-mundo.html

https://verin-natural.blogspot.com/2012/11/os-paxaros-do-centro-do-mundo.html

https://verin-natural.blogspot.com/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.html


Non se recolleu ningún nome vernáculo na localidade do Terrón, en parte por non haber moito a quen preguntarlle, pode que compartan designacións con Rabal e Mandín, no entanto seguirase nelo.

Un agradecemento a todos os colaboradores e informantes, aos interesados nestes eidos tratados e a todas as xeracións e xeracións que transmitiron estes coñecementos ancestrais.

Continuarase coa pescuda de nomes vernáculos e ditos ou contos de Fauna e Flora, tamén usos e propiedades das plantas, onde falten por recadar, así coma a súa revisión para corrixir posibles erros, e indagarase máis na singular Fala de Videferre, unhas riquezas da tradición oral propia con serio risco de desaparición se non se recollen, moitos detalles de certeza que xa se perderon para sempre.

Saúdos

Comentarios