Desfeita dos Castros de Oímbra. Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

https://docs.google.com/document/d/1kN8tn2P7ZYR-Wow0VT377w28gkhqxP-yUe1sOPfzP_c/edit?usp=sharing

COLECTIVO CULTURAL OLIMBRA: A DESFEITA DOS CASTROS DE OÍMBRA


O Colectivo  Olimbria é un grupo de cidadáns da comarca de Monterrei interesados esencialmente pola preservación, protección e defensa do patrimonio cultural e natural do  Concello de  Oímbra. Creado en xaneiro de 2018 tivemos que presenciar neste mesmo ano como os principais símbolos do patrimonio cultural de  Oímbra sufriron agresións sen precedentes: Hai uns meses o Castro  do Muro  do  Búbal moi danado posiblemente pola imprudencia e/ou a ignorancia inescusable dunha Xunta de Montes. Hai uns días o castro chamado A  Cidade das  Laxes das  Chás ardido case na súa totalidade nun incendio que non cremos ocasionado por simple imprudencia. O Castelo medieval de  Lobarzán foi tamén afectado polo incendio pero en moita menor medida (só no seu perímetro de protección). Petróglifos, tumbas  antropomorfas, obxectos de toda clase, cerámicas, unha infinidade de pequenos animais e un bo número de especies vexetais afectados para sempre polo lume ou sinxelamente desaparecidos. Apenas un par de frases no xornal local e aquí acábase a historia.
 Non é suficiente con ter unha Alcaldesa moi sensible co patrimonio. Ana Villarino dedica un enorme esforzo a protexer o patrimonio de  Oimbra. Cónstanos. E na nosa opinión  faino acertadamente, pero non é suficiente. É necesario que os cidadáns sexamos conscientes do valor do que perdemos todos, e que xuntos protexamos o patrimonio denunciando aos que o  expolian, aos que o maltratan, aos que non o respectan. Mentres non sexamos conscientes do valor que ten o noso patrimonio, o patrimonio de todos, non serán suficientes nin tres alcaldesas como Ana Villarino.
 Pensamos tamén que quizais é o momento dun gran investimento de Patrimonio na comarca. Cos castros, castelos e outros xacementos queimados e  derruidos non hai progreso. O patrimonio cultural e natural é unha fonte de riqueza, non é só un gasto. E a comarca leva moitos anos case totalmente abandonada por Patrimonio. Aínda que peor está Ourense que vai para 20 anos sen museo Arqueolóxico, e case todos tan contentos.

Comentarios