Unha simple listaxe de Aves

Imos poñer unha simple listaxe das Aves que se poden detectar nas grellas PG1030 e PG2030, que inclúe, entre outras, a zona do territorio pertencente ao concello de Oímbra.

Eis acá:

1 Mergullón pequeno, Tachybaptus ruficollis, residente.
2 Mérgullón cristado, Podiceps cristatus, residente nas lagoas de Chaves e ocasional nesta zona.
3 Corvo mariño grande, Phalacrocorax carbo, invernante.
4 Garza pequena, Ixobrychus minutus, estival.
5 Garza branca común, Egretta garzetta, accidental.
6 Garza branca grande, Egretta alba, invernante.
7 Garza real, Ardea cinerea, residente, non cría.
8 Garza vermella, Ardea purpurea, accidental.
9 Cegoña branca, Ciconia ciconia, residente.
10 Lavanco, Anas platyrhynchos, residente.
11 Cerceta común, Anas crecca, invernante.
12 Aguia real, Aquila chrysaetos, accidental.
13 Aguia cobreira, Circaetus gallicus, estival.
14 Aguia calzada, Aquila pennata, estival.
15 Miñato real, Milvus milvus, invernante.
16 Miñato negro, Milvus migrans, estival.
17 Lagarteiro cincento, Elanus caeruleus, residente, cría confirmada en zona limítrofe, colonización recente.
18 Gatafornela, Circus cyaneus, residente, escasa.
19 Tartaraña cincenta, Circus pygargus, estival.
20 Buxato común, Buteo buteo, residente.
21 Posible presenza accidental de Buxato mouro, Buteo rufinus.
22 Miñato abelleiro, Pernis apivorus, estival.
23 Gabián común, Accipiter nisus, residente.
24 Azor común, Accipiter gentilis, residente.
25 Lagarteiro común, Falco tinnunculus, residente.
26 Falcón pequeno, Falco subbuteo, estival.
27 Falcón peregrino, Falco peregrinus, residente.
28 Falcón paxareiro, Falco columbarius, invernante.
29 Perdiz común, Alectoris rufa, residente.
30 Paspallás común, Coturnix coturnix, estival, algunha residente.
31 Galiñola bicuda, Rallus aquaticus, residente.
32 Galiñola común, Gallinula chloropus, residente.
33 Galiñola negra, Fulica atra, extinta, tería que ser residente pero as mostraxes recentes que se fixeron non deron ningún exemplar.
34 Sueiro, Tetrax tetrax, extinta, tería que ser residente pero as mostraxes recentes que se fixeron non deron ningún exemplar.
35 Pernileiro, Burhinus oedicnemus, estival, escasa.
36 Píllara areeira, Charadrius dubius, estival, escasa.
37 Píllara dourada europea, Pluvialis apricaria, invernante.
38 Avefría, Vanellus vanellus, invernante, escaso, tería que ser residente.
39 Bilurico alinegro, Tringa ochropus, invernante.
40 Bilurico das rochas, Actitis hypoleucos, invernante, estival escaso.
41 Mazarico chiador, Numenius phaeopus, en pasaxe prenupcial.
42 Arcea común, Scolopax rusticola, invernante.
43 Becacina común, Gallinago gallinago, invernante, en tempos debeu ser residente con cría nesta zona, hoxe extinta como residente.
44 Gaivota patiamarela, Larus cachinnans, en pasaxe.
45 Carrán negro, Chlidonias niger, en pasaxe postnupcial.
46 Pomba zura, Columba oenas, residente.
47 Pombo bravo, Columba palumbus, residente.
48 Rola turca, Streptopelia decaocto, residente, colonización reciente.
49 Rola común, Streptopelia decaocto, estival.
50 Cuco, Cuculus canorus, estival.
51 Garallo, Cuco real, Clamator glandarius, estival.
52 Avelaiona común, Strix aluco, residente.
53 Bufo real, Bubo bubo, residente, non se ten detectado recentemente a súa presenza.
54 Bufo pequeno, Asio otus, residente.
55 Curuxa das xunqueiras, Asios flammeus, invernante, escasa.
56 Curuxa común, Tyto alba, residente.
57 Moucho común, Athene noctua, residente.
58 Moucho de orellas, Otus scops, estival.
59 Noitevoá cincenta, Caprimulgus europaeus, estival.
60 Vencello común, Apus apus, estival.
61 Vencello pálido, Apus pallidus, estival, escasa.
62 Bubela, Upupa epops, estival, algunha pasou o inverno aquí coma residente.
63 Picapeixe, Alcedo atthis, resicdente.
64 Abellaruco, Merops apiaster, estival.
65 Gaio azul, Coracias garrulus, extinta, testemuño histórico na zona de Oímbra, pode verse en pasaxe postnupcial.
66 Peto verdello ibérico, Picus sharpei, residente.
67 Peto picapau, Dendrocopos major, residente.
68 Peto pequeno, Dendrocopos minor, residente.
69 Peto formigueiro, Jynx torquilla, estival.
70 Laverca, Alauda arvensis, residente.
71 Cotovía cristada, Galerida cristata, residente.
72 Cotovía montesa, Galerida theklae, residente, escasa, só unha observación.
73 Cotovía pequena, Lullula arborea, residente.
74 Calandra, Melanocorypha calandra, extinta, un testemuñó histórico no Rosal.
75 Andoriña das barreiras, Riparia riparia, estival.
76 Andoriña dos penedos, Hirundo rupestris, residente.
77 Andoriña común, Hirundo rustica, estival.
78 Andoriña dáurica, Cecropis daurica, estival.
79 Andoriña de cu branco, Delichon urbica, estival.
80 Pica campestre, Anthus campestris, estival, escasa.
81 Pica alpina, Anthus spinoletta, aquí como invernate ou en pasaxe.
82 Pica dos prados, Anthus pratensis, invernante.
83 Pica das árbores, Anthus trivilais, estival.
84 Lavandeira branca, Motacilla alba, residente.
85 Lavandeira amarela, Motacilla flava, estival, escasa.
86 Lavandeira real, Motacilla cinérea, residente.
87 Carriza, Troglodytes troglodytes, residente.
88 Merlo rieiro, Cinclus cinclus, residente.
89 Azulenta común, Prunella modularis, residente.
90 Paporroibo, Erithacus rubecula, residente.
91 Rousinol común, Luscinia megrhynchos, estival.
92 Rabirrubio testibranco, Phoenicurus phoenicurus, estival.
93 Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros, residente.
94 Pedreiro cincento, Oenanthe oenanthe, estival.
95 Chasco común, Saxicola rubicola, residente.
6 Merlo azul, Monticola solitarius, residente.
97 Tordo común, Turdus philomelos, residente.
98 Tordo rubio, Turdus iliacus, invernante.
99 Tordo charlo, Turdus viscivorus, residente.
100 Tordo real, Trudus pilaris, invernante, escasa.
101 Merlo común, Turdus merula, residente.
102 Papuxa picafollas, Sylvia borin, estival, escasa.
103 Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla, residente.
104 Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala, residente.
105 Papuxa común, Sylvia communis, estival.
106 Papuxa tomiñeira, Sylvia conspicillata, estival, escasa, unha só observación.
107 Papuxa carrasqueira, Sylvia cantillans, estival.
108 Papuxa montesa, Sylvia undata, residente.
109 Carriza dos xuncos, Cisticola juncidis, residente.
110 Rousinol bravo, Cettia cetti, residente.
111 Folosa grande, Acrocephalus arundinaceus, estival.
112 Folosa amarela, Hippolais polyglotta, estival.
113 Picafollas musical, Phylloscopus trochilus, en pasaxe postnupcial.
115 Picafollas de Bonelli, Phylloscopus bonelli, estival.
116 Picafollas común, Phylloscopus collybita, invernante.
117 Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus, estival.
118  Estreliña norteña, Regulus regulus, aquí como invernante.
119 Estreliña riscada, Regulus ignicapillus, residente.
120 Papamoscas cincento, Musciapa striata, estival.
121 Papamoscas negro, Ficedula hypoleuca, en pasaxe postnupcial.
122 Ferreiriño real, Parus major, resdiente.
123 Ferreiriño negro, Periparus ater, resdiente.
124 Ferreiriño azul, Cyanites caeruleus, resdiente.
125 Ferreiriño cristado, Lophphanes cristatus, residente.
126 Ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus, residente.
127 Ferreiriño carinegro, Remiz pendulinus, residente, escasa, una observación.
128 Gabeador azul, Sitta europea, residente.
129 Gabeador común, Certhia brachydactyla, residente.
130 Picanzo vermello, Lanius collurio, aquí vese como estival.
131 Picanzo cabecirrubio, Lanius senator, estival.
132 Picanzo real Lanius excubitor, residente, subsp. meridionalis.
133 Pega azul, Cyanopica cyanus, accidental, só una observación.
134 Pega común, Pica pica, residente.
135 Gaio común, Garrulus glandarius, residente.
136 Choia biquivermella, Pyrrhocorax pyrrhocorax, extinta, só testemuñas históricas.
137 Corvelo, Corvus corone, residente.
138 Corvo, Corvus corax, poida que esté extinta, só testemuñas históricas.
139 Estorniño pinto, Sturnus vulgaris, aquí como invernante, escasa.
140 Estorniño negro, Sturnus unicolor, residente.
141 Papafigos, Oriolus oriolus, estival.
142 Pardal común, Passer domesticus, residente.
143 Pardal montés, Passer montanus, residente.
144 Pardal das rochas, Petronia petronia, residente.
145 Pimpín común, Fringilla coelebs, residente.
146 Pimpín norteño, Fringilla montifringilla, invernante.
147 Liñaceiro común, Carduelis cannabina, residente.
148 Xílgaro, Carduelis carduelis, residente.
149 Verderolo común, Chloris chloris, residente.
150 Úbalo, Spinus spinus, aquí como invernante.
151 Xirín común, Serinus serinus, residente.
152 Cardeal común, Pyrrhula pyrrhula, residente.
153 Cruzabico común, Loxia curvirostra, residente.
154 Escribenta das canaveiras, Emberiza schoeniclus, aquí como invernante.
155 Escribenta hortelá, Emberiza hortulana, estival, escasa.
156 Escribenta amarela, Emberiza citrinella, aquí como invernante.
157 Escribenta común, Emberiza cirlus, residente.
158 Trigueirón, Miliaria calandra, residente.
159 Escribenta riscada, Emberiza cia, residente.

Bon, en aproximación estas son as especies que se teñen detectado, pode haber flutuacións xa que algunhas outras especies non reseñadas están presentes en lugares de preto.

A zona é de grande diversidade de especies de aves, foi aínda mellor no pasado, algunhas  desas especies considéranse hoxe coma extintas no territorio.  Tamén aparecen outras especies de interese con ocorrencia accidental que aproveitan o val do Támega ou as montañas darredor para desplazárense ou pararen nas súas migracións, dispersións ou desprazamentos.

Irase aumentando a listaxe a medida que se vaian coñecendo novos rexistros.

Saúdos.

Comentarios

  1. Faltaba unha especie que aínda que sexa introducida si que está presente, cando menos de forma ocasional, non se ten detectado a súa cría aquí pero faino na veiga de Chaves, trátase do Bico de lacre, Strilda astrild.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario