E máis unha de Odonatos

E niste post ponse a listaxe dos Odonatos, Zigópteros e Anisópteros (Cabaliños do Demo e Libeliñas), que se poidan atopar na grella PG2030, que inclúe, entre outras, zonas do territorio pertencente ao concello de Oímbra, con nada menos que trinta e dúas especies polo que se denominaría un 'hotspot', ou sexa, un punto quente para a diversidade de especies de odonatos en maioría comparada con outras localidades, ou sexa unha excepcionalidade.

Istes son:
ZIGÓPTEROS
1. Gaiteiro bicolor, Calopteryx xanthostoma .
2. Gaiteiro azul, Calopteryx virgo .
3. Gaiteiriño verde, Lestes viridis .
4. Gaiteiriño de inverno, Sympecma fusca .
5. Patexa rubia, Platycnemis acutipennis .
6. Patexa branca, Platycnemis latipes .
7. Donceliña fina, Ceriagrion tenellum .
8. Donceliña pequena, Coenagrion puella .
9. Donceliña grácil, Coenagrion scitulum .
10. Donceliña de copa, Enallagma cyathigerum .
11. Donceliña de Linden, Erythromma lindenii .
12. Donceliña de ollos vermellos, Erythromma viridulum .
13. Donceliña de Graells, Ischnura graellsii .
14. Donceliña vermella, Pyrrhosoma nymphula .
 
ANISÓPTEROS
1. Libeliña afín, Aeshna affinis.
2. Emperador grande, Anax imperator.
3. Emperador peregrino, Anax ephippiger.
4. Emperador pequeno, Anax parthenope.
5. Libeliña do luscofusco, Boyeria irene.
6. Candil fermoso, Gomphus pulchellus.
7. Candil similar, Gomphus simillimus.
8. Candil tenazado, Onychogomphus forcipatus.
9. Tizón de Bolton, Cordulegaster boltonii.
10. Esmeralda de Curtis, Oxygastra curtisii.
11. Lavacú escarlata, Crocothemis erythraea.
12. Libélula azuleira, Libellula depressa.
13. Libélula maculada, Libellula quadrimaculata.
14. Libélula celeste, Orthetrum coerulescens.
15. Libélula de cu negro, Orthetrum cancellatum.
16. Lavacú de Fonscolombe, Sympetrum fonscolombii.
17. Lavacú estriado, Sympetrum striolatum.
18. Lavacú violeta, Trithemis annulata.
 
A listaxe foi facilitada polos expertos en odonatos Anxos RomeoMartiño Cabana. Obrigado.

Até outra.

Comentarios