E agora unha lista de Hérpetos

E agora imos poñer a listaxe dos Hérpetos, Anfibios e Réptiles, que se poden detectar nas grellas PG1030 e PG2030, que inclúe, entre outras, a zona do territorio pertencente ao concello de Oímbra, se callar os lugares con máis diversidade de especies de toda Galicia, alén doutras características de importancia en relación coma abondosidade ou simpatría.

Acó están:

ANFIBIOS:
1. Píntega común, Salamandra salamandra, nome vernáculo: Salamanca.

2. Limpafontes verde, Triturus marmoratus.

3. Limpafontes común, Lissotriton boscai.

4. Sapo comadrón, Alytes obstetricans, nome vernáculo: Sapa.

5. Ra da veiga, Discoglossus galganoi.
6. Sapo de esporóns, Pelobates cultripes.

7. Sapo común, Bufo spinosus, nome vernáculo: Sapo cunqueiro.
8. Sapo corredor, Epidalea calamita.

9. Ra de San Anton ou Estroza, Hyla molleri, nome vernáculo: Marza.

10. Ra dos regos, Rana iberica.
11. Ra verde ibérica, Pelophylax perezi.
RÉPTILES:
1. Sapoconcho común, Emys orbicularis.
2. Ladra, Tarentola mauritanica, nome vernáculo: Ladra.

3. Escouparón ibérico, Chalcides bedriagai, nome vernáculo: Licranzo.
4. Escouparón común, Chalcides striatus.
5. Lagarto das silvas, Lacerta schreiberi, nome vernáculo: Lagarto ferreño.

6. Lagartixa de Bocage, Podarcis bocagei.

7. Lagartixa dos penedos, Podarcis guadarramae.

8. Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus.

9. Lagartixa cincenta, Psammodromus occidentalis.

10. Lagarto arnal, Timon lepidus.

11. Escáncer común, Anguis fragilis.
12. Escouparón cego, Blanus cinereus.

13. Cobra de escada, Rhinechis scalaris.

14. Cobra viperina, Natrix maura.
15. Cobra de colar ibérica, Natrix astreptophora.

16. Cobregón, Malpolon monspessulanus.
17. Víbora de Seoane, Vipera seoanei.


Case nada, vinteoito especies de hérpetos !

A listaxe foi facilitada polo biólogo especialista en herpetoloxía Martiño Cabana. Obrigado.

Até á próxima.

Comentarios

  1. Faltan algunhas especies que de certo estarán coma por exemplo a Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, e poida que tamén a Víbora fociñuda, Vipera latastei, que están a aparecer novas citas por varios puntos da bisbarra. Tamén o achado dun xuvenil en ambiente natural dun exemplar de Tartaruga moura, Testudo graeca. Subiranse máis datos segundo se dispoña deles. Saúdos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario