Algo de Flora no Castelo de Lobarzán

A continuar imos poñer unha serie de plantas que nos chamaron a atención sen haber sido previsto unha catalogación rigurosa de Flora, só un pequeno atisbo do que pola zona do Castelo de Lobarzán se atopa, para chamar a atención sobre a súa singularidade.

Son as seguintes:


Fentos:

Polypodium sp., Fento das pedras, con propiedades medicinais como purgante de acción lixeira.

Cheilanthes sp. (?)

Pteridium aquilinum, Fento dos montes, non se utiliza en medicina común aínda que ten certos usos en diversas zonas, os brotes tenros son comestibles, ós rizomas son ricos en almidón.


Ximnospermas:

Pinus pinaster, Piñeiro do país, procede de plantacións, aquí atopáronse uns exemplares de grande porte, úsase a resina para obtención de trementina, úsase para diversos emplastos ungüentos ou linimentos, para a reuma e outras dores, para a tós e combatir catarros úsanse mellor os cogollos tenros, da leña sácase o pez.


Anxiospermas:

Aristolochia paucinervis, Cabeza de cobra, Calabacilla en castelán, o tubérculo desta planta contén o alcaloide tóxico chamado aroistoloquina, é a planta nutricia da eiruga da bolboreta Zerynthia rumina catalogada en perigo de extinción.

Quercus ilex, nome vernáculo de Xardón, Aciñeira, Encina en castelán, as cortizas dos Quercus son ricas en taninos, en especial para curtir peles, os froitos son ricos en féculas, son moi boas para alimentación do gando, para alimentación humana son mellores as das Aciñeiras, maís doces, as propiedades medicinais destas árbores son maiormente astrinxentes, en especial nas cortizas.

Quercus suber, Sobreira, Alcornoque en castelán, de sobra coñecida a extracción do seu corcho, ver tamén a anterior.

Quercus pyreanica, Rebolo, Carballo cerquiño, ver as anteriores para todos os Quercus.

Betula pubescens, vernáculo de Bidro, Bidueiro, Abedul en castelán, con partes comentibles, as follas tenras son aromáticas e diuréticas, a saiva é refrescante, boa para as vías urinarias, depurativa e purificadora, o alquitán obtido por destilación seca da madeira é antiséptico.

Cistus psilosepalus, Carpaza, non se lle atoparon usos, endemismo da metade oeste da Península Ibérica, desta especie poida que se fixeran as vasoiras para barrer as airas (?).

Cistus ladanifer subsp. ladanifer, Esteva, Jara pringosa en castelán, usada antiguamente para a obtención de ládano, usado para hernies e quebradeiras, tamén coma calmante dos nervios e antiestérico, presente nas zonas mediterráneas de Galicia.

Cistus populifolius, outro tipo de Esteva semellante á anterior, con follas en forma das dos Choupos (Populus), non citada na zona nas guías de flora de Galicia.

Halimium lasianthum, outro tipo de Carpaza, en lugares secos e chans ácidos.

Erica australis, Erica cinérea, Erica arbórea, Queirugas, Urzes, Breixos, Brezos en castelán, flores e follas diuréticas, as ramas delgadas, chamadas Gancios, úsanse para alumear ou para prender o lume.

Arbutus unedo, Morogueiro, Madroño en castelán, froitos comestibles, follas e cortiza astrinxentes, follas antisépticas sobre todo para as vías urinarias.

Sedum spp., as follas tenras e carnudas son comestibles, son agradables de comer ao natural, ricas en calcio, en medicina úsanse as follas tenras aplicadas sobres as feridas para acelerar a cicatrización.

Rosa spp., Silva macha, Silva garbanceira, Rosal silvestre ou Escaramujo en castelán, froitos comestibles, flores para decorar ensaladas e postres, teñen propiedades tónicas e depurativas, as follas son astrinxentes.

Genista florida, Piorno.

Cytisus scoparius, C. striatus, C. multiflorus, Xestas, para facer basoiras.

Ulex spp., Toxos.

Vicia spp., Liricas.

Daphne gnidiium, Turubisco, Torvisco en castelán, tóxico, usábase antes para pescar con veleno, da cortiza fanse cordas resistentes.

Osyris alba, Xesta mansa, Retama loca en castelán, non se atoparon usos locais para esta pranta.

Phyllirea angustifolia, con nome vernáculo de Pé de cabra, en castelán Labiérnago ou Olivilla, non se lle atoparon usos locais, presente só na parte sudoriental de Galicia.

Myosotis sp., non se atoparon nomes para esta planta de florciña azuis.

Orobanche sp., una planta parásita, poida que de Cytisus (?).

Campanula lusitánica.

Lonicera periclymenum, Madresilva, Madreselva en castelán.

Anthemis arvensis, Macela brava, Manzanilla bastarda en castelán, tónica estomacal, dixestiva e carminativa, coas mismas virtudes da Manzanilla común pero é de menor clase, úsase en especial en veterianria.

Asphodelus lusitanicus, Abrótega, Gamón en castelán e tamén nalgunha zona da bisbarra mais con gheada Ghamón, os paociños dereitos usábanse para alumear ou para acender o lume a modo de Gancios, tamén chamada así esta vara, os tubérculos son comestibles, brotes tenros tamén comestibles.

Ornithogalum sp. (?).

Allium sp., un tipo de allo silvestre, follas e bulbos coma condimento, os diferentes Allium son estimulantes, diuréticos, expectorantes e antisépticos.

Ruscus aculetatus, Xilbarbeira, Mezquita, Rascacú, rusco en castelán, consúmense os brotes xóvenes, en medicina é aperitivo e diurético, o rizoma é diurético e vasoconstrictor, os froitos poden provocar trastornos dixestivos e hemólise a causa do seu contido en saponinas.


Bibliografía consultada:

Guía das Plantas de Galicia. Xosé Ramón García. Edicións Xerais de Galicia. Vigo (2008).

Guía de las plantas silvestres comestibles y tóxicas. François Couplan, Eva Styner. Lynx Edicions. Barcelona (2006).

Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Pío Font Quer. Ediciones península. Barcelona (2003).

Comentarios