Sobre o Colectivo

Olá:

Este colectivo cultural xurdiu do interese de varios membros, alentados por dirixentes do goberno local e especialistas na materia a tratar, todos con interese común en todo o patrimonio en xeral e en particular o encadrado dentro do territorio do actual Concello de Oímbra. Grazas a todos.

O nome dado de Olimbria foi proposto pola denominación que se usaba na idade media para referírense á localidade de Oímbra, hoxe ampliable a todo seu concello.

Os eidos patrimoniais a tratar son multidisciplinares: arqueolóxico, cultural, etnográfico, lingüístico, histórico, humano, inmaterial, natural, paisaxístico, rural, social ou calquera outro de interese para o seu estudo, preservación ou recuperación.

Se se quixera formar parte deste colectivo ou interesarse por calquera dos seus motivos só é dicilo xa que se agradecería a aportación que cada persoa interesada poda aportar no seu eido.

Un saúdo.

Comentarios